Actividade de networking coordinada por Javier Varela González a que se suman poñentes referentes do sector.
Na sesión tratarase os seguintes puntos:
- A situación actual do mercado laboral no sector (demandas de ocupacións, volume de ofertas de emprego, localización do sector en Galicia, tipoloxía de empresas, ...)
- Requisitos que buscan as empresas nas persoas candidatas (competencias, requisitos mínimos ou esenciais, ...)
- Previsión de evolución e tendencias tanto do mercado do sector como das ofertas de emprego.
- Oportunidades por conta propia no sector. A actividade como persoa traballadora autónoma no sector.
- Entidades máis representativas.
- Rogos e cuestións