Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06
Galego / Castellano
Galego / Castellano
Visita á empresa Mestrelab Research, situada en Santiago de Compostela.
Mestrelab é unha empresa centrada no desenvolvemento e subministración de software para química analítica, ferramentas de automatización e xestión de datos de química analítica. Desenvolve e comercializa Mnova, un software utilizado por miles de químicos tanto en entornas industriais como académicas.
Sitúase como empresa internacional con presenza en diversidade de países europeos así como nos Estados Unidos, Canada, China, Xapón, Corea e India.
Nesta visita as súas instalacións en Feliciano Barrera, os asistentes terán a oportunidade de experimentar o día a día dos traballadores desta empresa, coñecendo ademais historias e experiencias profesionais dalgúns dos traballadores que alí se encontran. Na visita tamén contarán coa presenza de persoal de RRHH que relatarán aos participantes os programas de captación e criterios de recrutamento, os perfís máis demandados que busca a empresa e outros aspectos de interese. A visita remata cun pequeno café e acompañamento para fomentar o networking entre os asistentes.
Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06