Formación impartida por Antía Blanco Espiñeira, HR Manager na empresa Galchimia.
Na sesión levaranse a cabo as seguintes accións:
- Incidir de xeito práctico nos factores da participación en entrevistas e nas dinámicas de grupo que se desenvolven dentro dos procesos de selección de persoal.
- Repasar os factores esenciais a ter en conta nas candidaturas e na busca activa de emprego desde a perspectiva práctica da empresa.
- Coñecer as principais pautas que se teñen en conta por parte das empresas nos procesos de selección de persoal.
- Rogos e cuestións