A xornada organízase coma una sesión eminentemente práctica co obxectivo de fomentar a conversa entre todos os asistentes ao redor de dous eixos:
- As demandas actuais do sector dixital en materia laboral.
- Os procesos de selección e incorporación nas empresas, especialmente nas TIC.
Por este motivo, mestúranse actividades que combinen as actividades en grupo e a interacción con datos de interese para todos os asistentes, centrándose especialmente no desenvolvemento profesional no sector TIC ou da economía dixital.
O formato da sesión seguirá a seguinte estrutura:
- Presentación de todos os participantes, relatores e asistentes, a través dun xogo (icebreaker).
- Introdución básica ao sector TIC/dixital en Galicia: contexto actual.
- Conversa sobre os perfís máis demandados: conversa con representantes empresariais
- Procesos de selección no sector TIC/dixital:
- Selección: en que consisten, canto duran, como debo prepararme para o proceso de selección.
- A entrevista: Simulacro entrevista de orientación: Que quero conseguir e como podo facelo?
- Procesos de incorporación - acollida: a empresa, o candidato, formación e aprendizaxe continuo nun mundo VUCA (Volatilidade, Incertidume ("uncertainty"), Complexidade e Ambigüidade).
Para acadar estes obxectivos contarase con:
- Entidades especializadas na xestión de talento en empresas tecnolóxicas.
- Representantes de recruiting e negocio de empresas de referencia no eido tecnolóxico galego, que amosarán as súas experiencias prácticas.
- A representación do tecido TIC en xeral a través do coñecemento do Cluster TIC Galicia e as súas iniciativas en marcha, como a súa área de Emprego.
Ao remate da sesión haberá un pequeno catering para os asistentes.