Actividade de networking dividida en dúas sesións na que membros da Asociación de Executivas de Galicia van a desenvolver actividades encamiñadas a mellorar a formación e a orientación para o emprego e a inserción laboral de todas as persoas participantes.
A actividade formativa realizarase en 5 horas utilizando unha metodoloxía innovadora para desenvolver as competencias para multiplicar as opcións de acceder ao emprego.
O programa rematará cunha sesión de networking real coa participación de relatoras especialistas na materia.
Nesta segunda sesión, que se desenvolverá en Santiago, os participantes contarán coa presenza de Eva González e Diana Pardo.
- Eva González é conectora de empresas, experta no Networking presencial e virtual (sendo membro da comunidade de expertos de Linkedin), na estratexía empresarial e no emprendemento.
- Diana Pardo é escritora e coach experta en habilidades creativas e de comunicación. Entre os seus libros atópanse: "Maura cruza su último meridiano" ou "Abril descubre el mar y los helados de fresa".
O contido desta segunda actividade formativa será o seguinte:
Novos Mercados e as Redes Sociais: Cal é o teu público obxectivo? (Diana Pardo)
- Cómo analizar o contexto
- Linkedin e redes sociais como espazo de oportunidades
Networking: Amplia a túa rede de contactos (Eva González)
- Claves para ampliar a rede de contacto
- Práctica de networking real