Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06
Galego / Castellano
Galego / Castellano
Actividade de networking dividida en dúas sesións na que membros da Asociación de Executivas de Galicia van a desenvolver actividades encamiñadas a mellorar a formación e a orientación para o emprego e a inserción laboral de todas as persoas participantes.
A actividade formativa realizarase en 5 horas utilizando unha metodoloxía innovadora para desenvolver as competencias para multiplicar as opcións de acceder ao emprego.
O programa rematará cunha sesión de networking real coa participación de relatoras especialistas na materia.
Nesta segunda sesión, que se desenvolverá en Santiago, os participantes contarán coa presenza de Eva González e Diana Pardo.
O contido desta segunda actividade formativa será o seguinte:
Novos Mercados e as Redes Sociais: Cal é o teu público obxectivo? (Diana Pardo)
Networking: Amplia a túa rede de contactos (Eva González)
Programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06