Que?

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Por que?

Porque queremos favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional.

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

Como?

A través das seguintes accións:

  • Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.

 

  • Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.

 

  • Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).

 

  • Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

Para?

As persoas destinatarias do programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
 
  • Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
 
  • Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

Cando?

  • As convocatorias para participar nas sucesivas edicións de Xuventude Mentoring publicaranse nesta web, xeralmente nos meses de xullo e febreiro.

  • Unha vez admitido/a no programa as diferentes accións desenvolveranse nun período aproximado de 3 /4 meses.

Formulario de inscripción no programa

Datos persoais / VI Edición / 16208

Titulación obtida

Participación no programa Xuventude Mentoring

Documentación a achegar (obrigatoria)*

* Se non achega a documentación solicitada no momento de enviar este formulario, solicitarase posteriormente segundo se establece nas bases da convocatoria.
Haz clic o arrastra archivos a este área para subirlos. Puedes subir hasta 2 archivos.
Por favor incorporar anverso e reverso do documento de identificación. (Ambas caras)
Haz clic o arrastra un archivo a este área para subirlo.
Por favor incorporar anverso e reverso do título no pdf. (Ambas caras)

Documentación para a avaliación da solicitude (non obrigatoria e valorable)

Haz clic o arrastra un archivo a este área para subirlo.
Haz clic o arrastra un archivo a este área para subirlo.
Haz clic o arrastra un archivo a este área para subirlo.
Haz clic o arrastra un archivo a este área para subirlo.

Autorizacións